Comezaron os ensaios, baixo a dirección de Kukas e coa colaboración de Cristina e Kike, da obra de teatro que imos poñer en escena: El-rei Artur e a abominable dama, de Carmen Domech, Jorge Rey e Marilar Aleixandre.
Nesta obra, o alumnado de Debuxo Artístico de 1º de bacharelato e 4º da ESO, elaborou todo o necesario para unha representación con sombras chinesas: o escenario, as figuras...
Esperamos que vos guste!!!