xoves, 28 de novembro de 2024

Manuel Núñez Singala


    Hoxe visitounos o autor de Atranco no banco


    Nesta actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca o alumnado de 2º ESO puido conversar co escritor sobre esta divertida comedia. 


Non só conversar, tamén houbo unha pequena actuación sorpresa.



luns, 25 de novembro de 2024

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller - 25 de novembro


    Este 25N a biblioteca recoméndavos a lectura dun libro que trata o tema da violencia contra a muller. Precisamente no curso en que as bibliotecas escolares saen á escena, contamos cunha obra teatral de Cándido Pazó, A piragua, que reflicte de maneira maxistral este grave problema que padecemos. A lectura deste libro lévanos a unha profunda reflexión sobre a sociedade que queremos.

 

    Como primeira aproximación ao libro, podedes escoitar algunha das lecturas dramatizadas que o alumnado de 1º de bacharelato realizou dalgunhas escenas.

    


     


               Animádevos e lede A piragua!

martes, 19 de novembro de 2024

 Problema isoperimétrico

Mito e Matemáticas

                                                            

    A biblioteca desprazouse este martes  ao laboratorio de Física para celebrar o mes da ciencia en galego.

    O alumnado de 1º de bacharelato puido experimentar e probar como unha película xabonosa minimiza a súa área e a circunferencia é a figura que, cun perímetro fixado, a maximiza.


    Antes do experimento, viron dous vídeos relacionados co problema isoperimétrico. No primeiro vídeo, Nerea Terceiro aportaba información, desde unha perspectiva histórica e mitolóxica, sobre a fundación de Cartago e a súa raíña Dido. 

    Alberto Rodríguez, no segundo vídeo, achega a explicación matemática a este problema.

    Finalmente, o alumnado realizou o experimento con éxito.

martes, 12 de novembro de 2024

Novembro, mes da ciencia en galego

Micoloxía


    A finais do mes de outubro o alumnado de 1º ESO tivo a ocasión de participar nun obradoiro micolóxico organizado polo Departamento de Ciencias Naturais. Na seguinte presentación, elaborada por Arantxa, Carla e Lucía, ás que agradecemos que a queiran compartir con vós, podedes ver canto aprenderon nesa xornada.

Fungos e cogomelos

luns, 11 de novembro de 2024

Ex libris e cartelería antiga

Ex libris e cartelería antiga

con Alouette Machine



    Xa podedes ver no vestíbulo do instituto as creacións do alumndo de 1º ESO. Era a primeira vez que traballaban con técnicas anticuadas e materiais antigos (tipografías de madeira, prensas de impresión...) mais os resultados son óptimos. Que opinades?





    No obradoiro de ex libris o alumnado de 1º de bacharelato de Debuxo artístico utilizou materiais e técnicas que descoñecían, malia iso o froito do seu traballo é excelente.