martes, 29 de outubro de 2024
Samaín
luns, 28 de outubro de 2024
Samaín
Samaín na biblioteca
Xa temos todo preparado para unha xornada terrorífica con contos de medo galegos e marroquís.
A biblioteca está adornada e preparada para a celebración.
Ata temos un altar de mortos.
xoves, 24 de outubro de 2024
Día das Bibliotecas Escolares
Día das Bibliotecas Escolares
Para celebrarmos o Días das Bibliotecas Escolares, este 24 de outubro presentamos o segundo número de Fieitas. Esta pequena publicación continúa a súa andaina e, nesta ocasión, está dedicada a amosar o herbario sobre Flores de ferro de María Rei Vilas realizado o pasado curso.
Como era imposible recoller toda a información, as plantas e os debuxos, tan só achega unha pequena escolma representativa deste traballo colectivo que podes consultar a continuación.
martes, 22 de outubro de 2024
Obradoiro tipografía antiga
Obradoiro con Alouette Machine
Imprenta, tipografía e cartelería antigas
Para celebrarmos o Día das Bibliotecas Escolares recibimos a visita de Alouette Machine e o alumnado de 1º ESO puido coñecer a técnica de impresión de carteis con tipografías de madeira antigas. Foron unhas horas de aprendizaxe práctica divertidas e con bos resultados.
Obradoiro ex libris
Obradoiro de ex libris
con Alouette Machine
Nesta semana en que se celebra o Día das Bibliotecas Escolares visitáronnos os integrantes de Alouette Machine para realizaren un obradoiro de ex libris. O alumnado que cursa a materia Debuxo Artístico en 1º de bacharelato puido coñecer e afondar na técnica de elaboración dun ex libris. Ao mesmo tempo, tamén tiveron información sobre a impresión e as tipografías antigas.
Foron unhas horas de práctica e aprendizaxe que deron magníficos resultados.