venres, 31 de maio de 2024

E se avalías a actividade da biblioteca antes de rematares o curso?

 

AVALÍA A BIBLIOTECA


    Propoñémosche que ti tamén avalíes o funcionamento e as actividades que realizou a biblioteca este curso.

  Cubre as dúas enquisas, son moi sinxelas e non tardarás nada en completalas. Anímaste?

   Para nós é importante mellorar curso a curso. Por iso precisamos a túa opinión e as túas suxestións!!!

  A continuación a enquisa para valorar o funcionamento da biblioteca:

 


 
 
 E estoutra para que valoredes algunha das actividades que organizou a biblioteca:



 
 
Graciñas por colaborardes!!!

domingo, 19 de maio de 2024

Música e poesía

LUÍSA VILLALTA

MÚSICA E POESÍA


Alumnado e profesorado festexaron o Día das Letras Galegas cunha actividade poético-musical en homenaxe a esta grande escritora e violinista.

Preme nos apartados correspondentes para acceder ao vídeo, aos podcasts e ás fotos.


      




Uxía e Anxo recitan varios textos de Música reservada, As palabras ingrávidas e En concreto. Primeiro podedes ver un videopoema e despois o podcast. 
 
 


 


Obelisco, recitan Sara e Lucía, tocan darbukas Narimane e Youssef.




Rosa recita O tempo inventará a melodia.




Rubén interpreta un rap co poema O tempo inventará a melodia.



Cantas partes de min, recita María Xosé.




Somos o doce fio que o siléncio outorga, en versión rap de Rubén.





mércores, 15 de maio de 2024

O alumnado recita Luísa Villalta

 

O ALUMNADO RECITA 

LUÍSA VILLALTA


A palabra e a música únense na escritora homenaxeada este ano 2024 o Día das Letras Galegas


Velaquí a nosa pequena contribución á súa lembranza.  


Preme e escoita os podcasts!

Uxía e Anxo recitan E o fermoso de andar, Antiquísima e Desmanela-se-me o tempo cando.

   
 
Sara e Lucía recitan Obelisco
Narimame e Youssef tocan darbukas.
   
 



Rubén 'rapea' O tempo.

 
 
E Somos o doce fío.
 

domingo, 12 de maio de 2024

Ensaio - Recitado Luísa Villalta

 

Preparando o recitado

Luísa Villalta


     Xa falta pouco para celebrarmos o Día das Letras Galegas con Música e Poesía. Podes ver unha parte do ensaio de Sara e Youssef no seguinte vídeo. Do poemario En concreto, Sara escolleu recitar "Obelisco" e os dous tocan a darbouka.




       Non esquezades acudir o próximo xoves 16 de maio á seguinte actividade!!!