martes, 11 de decembro de 2018
mércores, 5 de decembro de 2018
xoves, 8 de novembro de 2018
SAMAÍN 2018. PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS
NESTE VIDEO VEREDES O BO TRABALLO QUE FIXO O ALUMNADO DE 1º DA ESO E CALES FORON AS CABAZAS PREMIADAS.
MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS POLA VOSA CREATIVIDADE. REALMENTE NON FOI DOADO DECIDIR CALES ERAN AS MELLORES!!!
luns, 15 de outubro de 2018
mércores, 20 de xuño de 2018
luns, 7 de maio de 2018
Obradoiro con Carmen G. de la Cueva
O pasado 3 de abril o club de lectura feminista "O recuncho da tinta violeta" recibiu á xornalista e escritora Carmen G. de la Cueva.
Ela é autora do libro titulado Mamá, quiero ser feminista, editado por Lumen, e que está a ter unha grande repercusión entre as lectoras.
As nosas alumnas do club leron o libro e gustoulles tanto que decidimos convidar a Carmen á nosa biblioteca. Ela fixo con nos un faladoiro sobre as autobiografías femininas (sobra todo as dos últimos anos) e tamén impartiu un obradoiro de escritura autobiográfica. Todas participamos con moita ilusión e aprendimos moitísimo sobre a escritura de mulleres moi interesantes, pero ás veces inxustamente esquecidas.
Ao final, Carmen sorteou un exemplar do libro Teoría King Kong de Virgine Despentes
Tamén nos falou sobre o grupo que ela dirixe: La tribu. Animámovos a consultar a súa páxina web coa revista virtual do mesmo nome. Tamén nos falou das xornadas feministas de "La tribu" que se celebrarán en Sevilla os días 28, 29 e 30 de xuño.

venres, 13 de abril de 2018
venres, 23 de marzo de 2018
BISCOITO POÉTICO
O pasado martes 20 celebramos na biblioteca un recital poético con alumnado de 1º e 4º da ESO e de 2º de Bacharelato. O recital estivo animado por Sabela Aldrey, poeta e profesora deste centro.
O alumnado de 4º da ESO, coordinado pola profesora Beatriz Rodríguez, fixo unha escolma persoal de textos poéticos que leron individualmente e en parellas. Ademáis Sabela Aldrey leu poemas dos seus libros Tímidas tonterías e Introducción al abismo. E houbo outra aportación orixinal ao recital: o poema elaborado conxuntamente por un grupo de alumnos de 1º da ESO e que foi lido por Joel Calvo con moito sentimento. As lecturas foron acompañadas con música de piano e guitarra.
Non só alimentamos a alma: decidimos convertir o recital poético nun biscoito poético. Ao final do recital quencemos o corpo cun bo vaso de chocolate e un anaco de biscoito. Así, co corpo e a alma cheos, celebramos o día da Poesía.
venres, 2 de febreiro de 2018
Premios do II Concurso de fotografía

O pasado martes 23 de xaneiro entregáronse os premios do II Concurso de Fotografía organizados pola Biblioteca do IES Terra do Xallas.
No seguinte video podes ver os gañadores e gañadoras dos premios en cada unha das categorías.
E estas son as fotos das obras premiadas e da recollida de premios
PRIMEIRA CATEGORÍA
1º PREMIO EX-AEQUO
1º PREMIO EX-AEQUO
AROA GERPE LOIS
PABLO CALVO FERNÁNDEZ
NOELIA QUINTÁNS VÁZQUEZ
ANTÍA GESTO ANTELO
SEGUNDA CATEGORÍA
ACCÉSIT
ACCÉSIT
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)