xoves, 23 de novembro de 2017
II Concurso de Fotografía

1. Pode presentarse todo o alumnado que estea matriculado no IES Terra de Xallas no curso 2017-18
2. Cada participante poderá presentar unha ou dúas fotografías en formato .jpg inspiradas nun dos textos propostos.
3. Estableceranse tres categorías:
- 1º e 2º da ESO
- 3º e 4º da ESO, Formación Profesional Básica, Ciclos Formativos de Grao Medio.
- 1º e 2º de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior.
4. Haberá un premio por categoría: impresión da fotografía
5. O xurado estará formado polo Grupo da Biblioteca: Soledad Fernández
Gago, Sabela Aldrey Dono, Elena Orive Álvarez, Anxos Sanmartín Rei e
Cristina Durán Arufe.
6. O xurado resérvase a posibilidade de outorgar algún accésit ou declarar desertos os premios.
7. As fotografías enviaránse durante as vacacións de Nadal, ao correo da biblioteca: bibliotecaxallas@gmail.com. No asunto débese indicar Concurso de Fotografía e no texto escribiranse os datos (nome, apelidos, curso e grupo) e o número do texto ou o autor en que se inspira a fotografía.
8. O xurado emitirá o seu fallo a última semana do mes de xaneiro.
TEXTOS PROPOSTOS PARA O CONCURSO
Texto 1
Nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro
Texto2
En el caldero descubrió una pequeña botella con un papel en su interior.
"Éste es un mundo como otro cualquiera", decía el mensaje.
Luis Mateo Díez
xoves, 9 de novembro de 2017
Premios do Concurso de Cabazas
Como sabes, as cabazas participantes deste ano tiñan que se inspirar no Día de Muertos mexicano. A calidade e orixinalidade das cabazas foi moi alta e o xurado tivoo moi difícil para tomar a decisión final.
As premiadas foron as seguintes:
PRIMEIRO PREMIO
Miriam Cabanas 1º D
SEGUNDO PREMIO
Aroa Gerpe
1º B
TERCEIRO PREMIO
Sandra Lado
1º B
PRIMEIRO ACCÉSIT
Aroa Pazos
1º C
SEGUNDO ACCÉSIT
Larissa Gerpe
1º B
As premiadas levaron como agasallo un libro ilustrado sobre Frida Kahlo.
Moitísimas grazas
a todo o alumnado participante!!!
Día de los Muertos
Este ano, para celebrar o Samaín, o grupo da Biblioteca quixo que o alumnado de 1º da ESO se achegase á cultura mexicana e, con eles, tivemos o noso "Día de Muertos" particular.
Coa proxección dun video, os rapaces e rapazas aprenderon un pouco máis sobre como anualmente, o pobo mexicano honra aos seus mortos.
E mesmo tiveron a visita dunha Catrina moi especial, chegada dende Mexico para unirse á festa!
Ademáis, o alumnado contribuíu á decoración da Biblioteca coas cabazas que presentaron ao Concurso anual que celebramos no Samaín e que tiñan que estar inspiradas na celebración mexicana.
mércores, 8 de novembro de 2017
24 de outubro: Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celébrase o día da Biblioteca. Para celebralo, adoitamos facer unha saída a Santiago co alumnado de 1º de Bacharelato para levar a cabo unha actividade.
A primeira parte da actividade consistiu na asistencia a unha proxección privada no cinema NUMAX
Este ano, a película escollida foi "O outro lado da esperanza" do director finlandés Aki Kaurismaki, proxectada en versión orixinal e subtitulada ao galego, que presenta a historia dun refuxiado sirio que é axudado polo dono dun restaurante en Helsinki; un drama presentado coa distancia e o fino humor característico do seu director.
Despois de saír da proxección, o alumnado tívose que enfrontar a un roteiro literario en forma de xogo de pistas, no que, divididos en grupos, tiñan que identificar diferentes lugares da cidade e facerse un "selfie" diante de cada un deles. O punto de encontro final foi a Praza do Toural
xoves, 29 de xuño de 2017
luns, 12 de xuño de 2017
Hoxe celebramos a última reunión do noso club de lectura.
Despedímonos cunha preciosa obra de Carmen Quinteiro, Caleidoscopio, na que se recollen poemas e microrrelatos da autora pontevedresa.

Se seguides o enlace atoparedes un poema recitado pola propia autora: Travesía
O vindeiro curso reencontrarémonos
neste noso
Recuncho da tinta negra
domingo, 4 de xuño de 2017
Metade obxecto,
metade animal.
Feito de carne
vexetal e de emocións,
construído coa
imaxinación
e disposto a
acompañar a quen
desexe experimentar un chisco coa eternidade.
Suxestión para
comprender
o alcance que pode ter un libro.
María Xosé Canitrot Trillo
Ler para min é...
Co gallo do Día do Libro o alumnado do noso centro puido completar esta oración.
Aquí tendes unha selección das vosas opinións.
Biblioteca do IES Terra do Xallas: A TÚA BIBLIOTECA
Biblioteca do IES Terra do Xallas: A TÚA BIBLIOTECA: Ofréceche: Información práctica: • C ultura • C atálogo C oñecemento • H orario • E ntretemento A ctivid...
venres, 26 de maio de 2017
mércores, 24 de maio de 2017
Xaponízate coa Biblioteca
O grupo da Biblioteca organizou hai uns días unha Semana do Xapón no vestíbulo do Instituto.
A idea era achegar a todos os integrantes da comunidade escolar, os fondos relacionados coa cultura xaponesa.

Ademáis dos libros, mangas e películas relacionados co Xapón, estiveron expostos obxectos, fotos e libros en xaponés, moitos deles traducións de clásicos galegos.
O compoñente lúdico veu dado pola posibilidade de converterse por uns instantes nun xaponés ou xaponesa vestindo kimonos auténticos e outros accesorios. O alumnado, sempre tan participativo, quixo experimentar a transformación. Velaquí algúns exemplos.
ARIGATO GOZAIMASU!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)