Premios
VIII Concurso de Fotografía - Natureza
Parabéns a Joel, Bruno, Fernando, Uxía, Nouhaila, Lucía, Alberto, Paula e Alexia!!!
No seguinte vídeo podedes ver as fotografías premiadas e todas as que se presentaron ao concurso.
Premios
VIII Concurso de Fotografía - Natureza
Parabéns a Joel, Bruno, Fernando, Uxía, Nouhaila, Lucía, Alberto, Paula e Alexia!!!
No seguinte vídeo podedes ver as fotografías premiadas e todas as que se presentaron ao concurso.
Homenaxe a Rosalía - Recital poético
A mellor homenaxe que lle podemos brindar á nosa grande poeta é lermos os seus textos. Nesta ocasión, o alumnado xalleiro recita poemas tanto de Cantares gallegos como de Follas novas.
Ofrecémosvos unha pequena escolma nos seguintes podcasts.
Teatro de sombras chinesas con
Seguimos avanzando no deseño e na elaboración dos personaxes. Algúns están xa rematados. Mirade que ben están quedando!
Obradoiro tipográfico con María Ramos
O alumnado de 1º de bacharelato participou o pasado 3 de febreiro nun obradoiro con María Ramos, exalumna do centro e especialista en deseño tipográfico.
Primeiramente, realizou un percorrido histórico e afondou na diferenza entre caligrafía, lettering e tipografía.
Posteriormente, realizouse o traballo práctico de creación ex professo dunha tipografía para uns versos do poemario Follas Novas de Rosalía de Castro.