martes, 9 de decembro de 2025

Concurso de Fotografía

Entrega de premios

Concurso de Fotografía do Mínimo




    Hoxe, por fin, entregamos os premios do IX Concurso de Fotografía. A decisión foi moi complicada pola calidade das imaxes e pola cantidade,  sesenta fotografías presentadas.


    O tempo non nos acompañou o día en que se celebrou mais o alumnado soubo sacarlle partido á chuvia, á auga,  á humidade e á natureza.

 

 Premio 1ª categoría - Andrea Forján Barcia (2º ESO)


 

 Accésit 1ª categoría - Samuel Mira García (1º ESO)


 

 Accésit 1ª categoría - Noa Ríos García (1º ESO)


 

 Accésit 1º categoría - Noah Vázquez Suárez (1º ESO)


 

 Premio 2ª categoría - Adriana García Antelo (3º ESO)



Accésit 2ª categoría - Martiño Alvite París (3º ESO)


 

 Accésit 2ª categoría - Pablo Calvo Martínez (3º ESO)


 

 Accésit 2ª categoría - Iago Estévez Antelo (3º ESO)


 

 Accésit 2ª categoría - Naiara García Fajín (3º ESO)


 

 Premio 3ª categoría - Álvaro Iglesias Ramos (2º BACH)


Parabénssssssssss!!!


luns, 17 de novembro de 2025

Novembro, ciencia en galego

 Xeografía

Novembro, mes da ciencia en galego


    Dedicamos este mes a unha ciencia que nos aporta información en moi diversos aspectos e, en moitas  ocasións, nin nos damos conta de que estamos recorrendo a ela.

    Propoñémosvos que vos acheguedes á Xeografía premendo nas seguintes fotografías.

1. Coas extraordinarias imaxes que podes visionar no seguinte vídeo podes acercarte á riqueza xeolóxica e paisaxística de Galicia.

2. Accede, premendo na imaxe, a moitos e variados xogos coa xeografía como elemento central. Pon a probra o teu coñecemento e, tamén, intenta amplialo.

3. Visita virtualmente a praia das Catedrais.



https://360.xeoclip.com/catedrais/

xoves, 6 de novembro de 2025

Fotografía do Mínimo

 Fotografía do Mínimo

IX Concurso de Fotografía

    O pasado martes, 4 de novembro, celebramos no noso instituto, con  moito éxito de participación, a novena edición do concurso de fotografía. 

    Nesta ocasión o motivo central das imaxes constituíao todo aquilo ao que habitualmente non lle prestamos atención. 

    O tempo meteorolóxico non nos acompañou mais seguro que inspirou moitas das fotografías. 

    Graciñas por participardes e moita sorte!!!




luns, 3 de novembro de 2025

Samaín

 



    Pasamos uns recreos terroríficos grazas ás lecturas do alumnado. África (2º ESO) leu un fragmento d'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete de Castelao.





    O descenso ao mundo dos mortos do heroe troiano Eneas foi lido por Lorena, Lucía, Víctor, Alba, Daniela, Noemí, Alexia e Noa (4º ESO).




    O texto lido podes velo no seguinte arquivo.


Ou escoitalo aquí.



        
 
 
 




    Como xa vén sendo habitual nos últimos cursos, contamos con doces terroríficos elaborados por Mar!!!








mércores, 29 de outubro de 2025

Día das bibliotecas

 Día das Bibliotecas Escolares

O deseño




    Celebramos esta importante data cunha charla centrada no lema que guiará este curso as bibliotecas escolares galegas: o deseño. 




    Ismael García Rodríguez, exalumno do centro e graduado en Creación Dixital, Animación e Videoxogos, foi o encargado de expoñer ante o alumnado de Debuxo Artístico (4º ESO, 1º e 2º bacharelato) a súa experiencia e o seu coñecemento sobre o tema. 





    Agradecémoslle inmensamente a súa exitosa intervención e que compartise connosco o seu traballo!







xoves, 2 de outubro de 2025

Entrega premios

 


Concursos Día do Libro

 Premios nos concursos

 do Día do Libro


   Xa podedes ler e ver todos os traballos premiados no Concurso Literario e no Concurso de Ilustración celebrados o pasado curso. 

Parabénsssssssssss!


Teatro de sombras

 Teatro de sombras chinesas


   O pasado curso 2024-25 desenvolvemos unha actividade centrada no mundo do teatro. Nesta ocasión puidemos combinar diferentes aspectos: deseño, debuxo, construción de decorados, voz, manipulación dos personaxes... A técnica escollida foi a do teatro de sombras. 

   Convidámosvos a que poidades ver a nosa obra premendo na imaxe.

Esperamos que vos guste!!!



venres, 20 de xuño de 2025

Estrea teatral

 Teatro de sombras chinesas





Xa estreamos El-Rei Artur e a abominable dama de Marilar Aleixandre, Carmen Domech e Jorge Rey. Foi todo un éxito. Parabéns ao alumnado, ao profesorado de Artes Plásticas e a Kukas!!!










































mércores, 11 de xuño de 2025

Lecturas de verán

 


Puntúa a biblioteca!!!

 Participaches nas actividades da biblioteca? Queres poñernos nota?

Tes novas ideas? 

Axúdanos a mellorar cubrindo as enquisas!

 
  

GRACIÑAS!!!

xoves, 22 de maio de 2025

Teatro de sombras chinesas

O próximo 19 de xuño estreamos e queremos compartir convosco o traballo que realizamos ao longo desde curso con este proxecto. Debuxamos, interpretamos, rimos, recortamos... Mirade o vídeo e veredes as distintas fases que tivemos que desenvolver para a estrea. 

 

Esperamos que vos guste!!!


 

luns, 19 de maio de 2025

xoves, 15 de maio de 2025

Regueifas para celebrar o Día das Letras Galegas

 Celebramos o Día das Letras Galegas cun obradoiro de regueifas



O pasado martes, 6 de maio, o departamento de Lingua Galega e Literatura xunto coa Biblioteca organizamos un obradoiro de regueifas dirixido ao alumnado de 2º da ESO. Con el quixemos homenaxear ás cantareiras, ás que se lles dedica este ano o Día das Letras Galegas.



O Rabelo e Big Meu impartiron o obradoiro e fixéronnos rir ben coas súas magníficas improvisacións.





As alumnas e alumnos experimentaron coas melodías, coas rimas e saíron coplas do máis divertidas, onde o noso centro foi o protagonista.



Foi un divertimento do máis creativo!