venres, 26 de abril de 2024
xoves, 25 de abril de 2024
Árbores, follas e flores
Herbario Flores de ferro
María Rei Vilas
Hoxe, despois de moitos meses de traballo, desde comezo de curso, inauguramos a exposición do herbario de Flores de ferro.
Tivemos a honra de contar coa presenza da autora desta novela, que nos falou sobre a súa vinculación co ámbito científico e a simbiose que se dá entre este e a literatura, do proceso de elaboración do seu libro e da historia que quería contar.
Neste acto tamén tivo un papel destacado o alumnado, que realizou unha explicación sobre as distintas técnicas utilizadas para a elaboración dos debuxos, unha valoración sobre a novela, e o profesorado, que comentou como se debía preparar un herbario.
Agradecemos ao alumnado e a todo o profesorado implicado neste proxecto a súa participación e, de xeito especial, a María Rei Vilas por aceptar a nosa invitación e acompañarnos neste día.
mércores, 24 de abril de 2024
Herbario Rosalía de Castro
Herbario rosalía de Castro
María López Sández
Por segundo ano consecutivo tivemos no noso instituto unha charla de María López Sández que nos serviu de inspiración para realizar o noso propio herbario sobre Flores de ferro de María Rei Vilas.
martes, 23 de abril de 2024
Árbores, follas e flores
A partir do próximo xoves, 25 de abril, estará exposto no vestíbulo do noso instituto este herbario, elaborado a partir da citada novela.
A idea da realización deste proxecto xurdiu na biblioteca a finais do pasado curso. A súa acollida non puido ser mellor por parte dos diferentes departamentos implicados. Estivemos traballando nel durante todos estes meses e agora o traballo está finalizado. Esperamos que gocedes do resultado.
Tendes un pequeno avance no seguinte vídeo.